Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)
Previsións informativas para o domingo 26 de novembro
12.00 h
No Teatro Principal, Casiano Mouriño Maquieira dirixe un concerto da Banda Municipal de Música de Santiago cun programa titulado "Música e cine", no que se interpretan pezas ben coñecidas da historia do cine e que forma parte do festival Cineuropa. De balde.