Previsións informativas para o martes 28 de abril
9.00 h
Na sede do Consorcio, o alcalde de Santiago e presidente da devandita entidade, Agustín Hernández, preside a Comisión executiva. Enviarase nota e foto.
11.00 h
A Escola Municipal de Conxo entrega á familia do neno Matías Rey Mourelle os tapóns recadados na campaña solidaria "Proxecto de arte", destinada a financiar unha das operacións necesaria para que poida camiñar. Asiste o alcalde de Santiago, Agustín Hernández. Declaracións ao remate.
12.00 h
Na Biblioteca Ánxel Casal, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á apertura da exposición de Xosé Filgueira Valverde.
20.00 h
Na Cámara de Comercio, o alcalde de Santiago, Agustín Hernández, asiste á conferencia do director da Oficina Económica do presidente do Goberno, Álvaro Nadal.