Previsións informativas para o martes 13 de outubro
11.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, recibe o xefe de seguridade vial da Axencia Galega de Seguridade, José Enrique Pardo.
11.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Desenvolvemento Económico, Marta Lois, para presentar o Foro Colaborativo para o Emprego.
11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Políticas Sociais, Concha Fernández, sobre asuntos da súa área.
12.00 h
Na Alcaldía, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa xunta directiva do Ateneo.
12.15 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal socialista, Paco Reyes, sobre asuntos de carácter local.
12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do grupo municipal popular, Agustín Hernández, sobre asuntos de carácter local.
18.00 h
Na Casa do Concello, o alcalde de Santiago, Martiño Noriega, reúnese coa asociación de veciños de Vista Alegre, xunto co concelleiro Jorge Duarte.
20.30 h
No Salón Nobre do Pazo de Raxoi, recepción ao alcalde e unha delegación do Concello de Tanabe. Recibe o alcalde de Santiago de Compostela, Martiño Noriega.