Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 24 de setembro

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular responsable do seguimento de Medio Ambiente, Ricardo García-Borregón, para presentar unha iniciativa.

13.30 h.
No Hotel Porta do Camiño, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofrece un almorzo ao científico británico Stephen Hawking e aos seus acompañantes. Tamén asistirán profesores de ciencias e alumnos de bacharelato. (Ao inicio farase unha foto de familia na entrada do hotel- SÓ GRÁFICOS)

19.30 h.
No Palacio de Congresos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa no acto de benvida do XII Congreso Nacional de Empresarios do Transporte e, a continuación, inaugura a exposición realizada con motivo da celebración do devandito congreso.

21.00 h.
No Teatro Principal, Frida, da compañía Ainternacional. Esta peza teatral está creada e dirixida por Jorge Rey e interpretada por Manuela Varela e Alfredo Padilla. Está dentro da Rede Galega de Teatros e Auditorios.

Compartir: