Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 1 de agosto

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

FESTIVAL DOS ABRAZOS

17.30h. Na Praza do Toural, Galamalabares (Clown)da man de tres artistas de sona internacional como Nanny Cogorno (Arxentina), Azulkillas (Euskadi) e Roi Sixto (Galicia).
20.30h. Na Vía Sacra, Nora Luca (Música Xitana do Leste).
22.30h. Na Praza da Quintana, Xoven Orquestra Árabe Xudía.
23.00h. Na Zona "C" de Bonaval, Vdj Lord Sasafras.

Compartir: