Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 4 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz municipal do BNG, Socorro García Conde, para presentar unha moción do seu grupo.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Sanidade e Consumo, Xosé Baqueiro, para presentar a "Guía de viaxes e vacacións", que realizou a OMIC en colaboración coa Unión de Consumidores de Galicia. Na rolda tamén estará o seu secretario xeral, Miguel López Crespo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do voceiro do Grupo Popular Municipal, Gerardo Conde Roa, sobre asuntos de carácter local.

13.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos "100 mozos participantes en Marcha Ruta Xacobea", organizada por Caja Laboral.

Compartir: