Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de xullo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Currás, para presentar as alegacións ao orzamento municipal relativas á súa área de seguimento: educacion.

12.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de Irmandamento coa cidade italiana de Assisi.
A continuación, descubrirase unha placa conmemorativa no parque de San Lázaro.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación (É necesario confirmar asistencia).

19.30 h.
Na rúa do Vilar, concerto da Banda de Música Municipal. Programa:
Arsenal ------------------------------------------- Marcha ------------------------------ J. van der Roost
Poeta y Aldeano------------------------------- Obertura ----------------------------- F. von Suppé
Katiuska ( 2ª parte)-------------------------- Fantasía ---------------------------- P. Sorozábal
A Lenda de Montelongo ---------------- Escenas galegas ------------------- B. del Río
I.- Na Fiada
II.- Canción popular
III.- Camiño da fiada
Churumbelerias -------------------------------Pasodobre ------------------------------ E. Cebrián

21.00 h.
Na Capela Real do Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o concerto da Real Filharmonía de Galicia con motivo da Festividade do Apóstolo Santiago.

23.30 h.
Espectáculo de Luz e Son. Queima da Fachada Gótica.

Vive o Verán
10.30h. Con saída do Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, visita guiada ao parque Euxenio Granell .
De 17.00 a 20.30h. Nas piscinas do Multiusos Fontes do Sar, Bibliopiscina.

Festas do Apóstolo 2008
12.00 h. Encontro de xigantes e cabezudos de Santiago na Praza da Quintana
Sesión de pirotecnia entre o Cabildo e o Concello
Animación de rúa
Grupos de gaiteiros
18.00 a 21.00 h. FERRADURA ABERTA na Alameda
19.30 h. Concerto BANDA MUNICIPAL DE MÚSICA
Rúa do Vilar
21.00 h. Los Caporales (México)
Praza do Toural
22.30 h. Orquestras na Alameda:
ARMONÍA SHOW
23.30 h. Espectáculo extraordinario de luz e son
QUEIMA DA FACHADA GÓTICA
Pirotecnia: Ricardo Caballer
(Consorcio da Cidade de Santiago)
Praza do Obradoiro
24.00 h. COMPOSTELA FESTIVAL:
MALA RODRIGUEZ+ REFREE coa ORIGINAL JAZZ ORQUESTRA TALLER DE MÚSICS presentan OJO CON LA MALA
Praza da Quíntana. Entrada libre
01.00. Música no Toural
LOS REYES DEL KO (blues)

Compartir: