Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 15 de xullo

12.00 h.
Na terraza da Casa da Parra, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, e o director xeral de Creación e Difusión Cultural da Xunta de Galicia, Luis Bará, para presentar o Festival dos Abrazos que se desenvolverá na cidade no mes de agosto.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios do concurso da Praza de Galicia.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a Comisión Asesora do Casco Histórico.

20.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, recepción aos participantes no congreso internacional de Educación Superior en Ciencias Farmacéuticas.

Vive o Verán
10.00h. No Parque da Constitución, Ximnasia Terapéutica.
10.00h. Con saída da Porta do Camiño, Ruta Urbana Rastrexo Histórico: Vive Santiago.
10.30h. Con saída do Centro de Interpretación de Parques e Xardíns da Alameda, visita guiada á Granxa do Xesto. De 17.00 a 20.30h. Nas piscinas do Multiusos do Sar, Bibliopiscina.