Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 1 de xullo

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, sobre asuntos da súa área.

11.30 h.
No IES Rosalía de Castro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a Escola municipal de Verán de Inglés.

12.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade, Xosé Baqueiro, para presentar a oferta de verán para a xuventude de Compostela.

12.30 h.
Na Praza Roxa, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde; do presidente da Asociación de Veciños Raigame, Xaquín Mato; e do presidente da Fundación Santiago Centro Comercial, Delmiro Prieto, para presentar a 1ª Festa Cidadá do barrio do Ensanche.

20.00 h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Cultura, Socorro García Conde, inaugura a exposición Fotógrafos Insospeitados. Celebridades detrás do obxectivo. Na inauguración estarán tamén Paulo Rodríguez, director-xerente do Auditorio e Ana Berruguete, coordinadora de exposicións de La Fábrica, que é quen produce esta mostra.

Compartir: