Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de xuño

9.00 h.
No Salón Reitoral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade para a Promoción de Iniciativas Empresariais Innovadoras S.L (UNINOVA).

9.30 h.
No Salón Reitoral, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Consello de Administración da Sociedade de Cursos Internacionais.

11.45 h.
Na Praza da Quintana, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recolle a "bandeira branca contra a droga", actividade que se enmarca nos actos programados pola Fundación Galega contra o Narcotráfico con motivo da celebración do Día internacional contra o uso indebido e o tráfico ilícito de drogas.

12.00 h.
No Centro de Estudos Avanzados da USC, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, saúda aos expertos das cidades que participan na primeira xuntanza do proxecto europeo de vivenda social URBACT.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Socorro García Conde, e Lino Braxe para presentar a obra teatral Comida Chinesa, que éste último dirixe e que estará no Teatro Principal venres e sábado. Na rolda estarán tamén o protagonista da obra, Josito Porto, e Pedro Ángel Ramos, autor do texto que logo adaptou o propio Lino Braxe.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar os 45 estabelecementos participantes, as
rutas deseñadas e as tapas que se presentan ao Concurso SANTIAGO(é)TAPAS. Na rolda tamén estarán: o xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi; o presidente da Asociación de Hostalería de Santiago, Jesús Sordo; o xerente de Galicia Calidade, Ignacio Louzao; a xefa de Comunicación de Estrella Galicia, Cecilia Babarro; a xerente do Mercado de Abastos, Marta Rey; e a coordinadora de Sociedade de El Correo Gallego, Ana Iglesias.

13.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mocidade e Festas, Xosé Baqueiro, para facer balance do I Certame Músicaxove´08 e para presentar da súa última xornada, nas modalidades de pop-rock e autor-folk.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Toma de posesión de concelleira da Corporación Municipal.
3. Aprobación definitiva da modificación do PERI-5. San Lázaro.
4. Aprobación definitiva do estudo de detalle da parcela EU-7 do polígono 1 do SUP-5. Choupana.
5. Aprobación definitiva do estudo de detalle do quinteiro 16 do SUNP-22. Castro de Abaixo.
6. Adhesión do Concello de Santiago de Compostela á Rede Galega de concellos pola sustentabilidade.
7. Aprobación inicial do Regulamento do Consello Sectorial de Turismo.
8. Adhesión aos estatutos da rede de cidades "A España Verde".
9. Adhesión ao convenio de colaboración entre a Axencia Estatal de Administración Tributaria e a Federación Española de Municipios e Provincias en materia de intercambio de información e colaboración na xestión recadatoria das entidades locais.
10. Proposta da Alcaldía de substitución de vogal na Mancomunidade.
11. Dar conta de proposta da voceira do BNG designando representantes en diversos organismos e comisións informativas.
12. Proposición presentada polo grupo municipal do Partido Popular relativa a destinar recursos económicos para desenvolver o Parque Temático Arqueolóxico de A Rocha Forte.
13. Dar conta de persoamentos en diversos procedementos de recursos contenciosos administrativos.
14. Dar conta de Resolucións da Alcaldía.
15. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
16. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
17. Rogos e preguntas.

21.00 h.
Cultura Vai Circuito 4x4
No Teatro Principal, concerto de Silvia Penide dentro do ciclo Cultura Vai Circuito 4x4.

Compartir: