Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 17 de xuño

De 10 a 14 e de 16.30 a 20.30 h.
No CSC do Ensanche, curso de formación en intervención psicosocial con vítimas da violencia viaria, impartido por Maider del Río e Jeanne Picard, psicóloga e vicepresidenta da asociación Stop Accidentes, respectivamente. Organiza a Concellaría de Educación en colaboración con Stop Accidentes.
O curso está dirixido a profesionais dos servizos de seguridade como Policía Local, Agrupación de Voluntarios de Protección Civil, Servizo de Extinción de Incendios e Salvamento, Servizo de Urxencias Sanitarias de Galicia, Policía Nacional, Cruz Vermella, educadores e profesionais interesados na temática.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Mercados, Carlos Nieves, para presentar a nova ubicación do Mercado de Salgueiriños.

12.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e a conselleira de Educación, Laura Sánchez Piñón, realizarán un percorrido polas instalacións do CEIP Cardeal Quiroga Palacios. No CEIP Cardeal Quiroga Palacios (Avenida Villaldía 33-35).

19.45 h.
No CSC da Trisca, a concelleira de Cultura e Centros Socioculturais, Socorro García Conde, asiste á inauguración da Semana Cultural do devandito CSC na que se abrirá ao público a exposición colectiva Máis que mil palabras.

20.00 h.
No CSC do Ensanche, relatorio de Francisco Rodríguez: A vixencia de Curros, dentro das actividades que a concellaría de Cultura está a realizar para celebrar o centenario da morte de Curros Enríquez.

III Ciclo de Cinema Gai, Lésbico, Bisexual e Transexual
20.15 h.
Outing Riley de Pete Jones
22.15 h.
Fabulous (The history of queer cinema) de Lisa Ades e Lesli Klainberg

Semana Cultural CSC A Trisca "A vida nas palabras"
11.00 h.
A Maxia na Palabra
Contacontos infantil a cargo do grupo Títeres Cachirulo con Contacontos de libros contentos. Asisten nenos e nenas do colexio Juventud.

18.00 h.
Olimpiadas na Gallaecia
O Xogo como linguaxe: Olimpiadas na Gallaecia consiste en xogos populares no Parque da Trisca en colaboración co Centro Xuvenil Don Bosco. Os rapaces poderán xogar a O transporte de ouro; Carreiras de Carros; O transporte das patacas e un Gran Xogo Final: galos e romanos.
19.45 h.
Inauguración oficial a cargo da concelleira de Centros Socioculturais, Socorro García Conde.
20.00 h.
Palabras Contadas
Contacontos para adultos a cargo de A Loca-Motora con O Garavanzo, o sapo e o zapato.
21.30h.
Linguaxe musical
Concerto musical a cargo de Manuel Vilas Rodríguez, co espectáculo Luz e Norte, música barroca para arpa.

IV Semana Cultural do Castiñeiriño
17.30h.
Taller de malabares e circo
19.00h.
Espectáculo de Trasno

Compartir: