Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 15 de xuño

13.30 h.
Na Praza de Europa (Fontiñas), concerto da Banda de Música Municipal, dirixida por Casiano Mouriño Maquieira.

18.00 h.
No estadio de San Lázaro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao partido da fase de ascenso á 2ª división B entre a SD Ciudad de Santiago e o SD Almansa.

21.00 h.
No Teatro Principal, Pradairo, gañadores do último Certame Folk Radio Obradoiro, presentan o seu novo disco, Aliaxe.

Compartir: