Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 11 de xuño

10.00 h.
No Auditorio de Galicia, a concelleira de Mobilidade e Seguridade Cidadá, Marta Álvarez-Santullano, inaugura as II Xornadas Técnicas sobre Incendios en Cascos Históricos.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, e da presidenta de Stop Accidentes, Jeanne Picard, para presentar o curso de formación en Intervención Psicosocial con Vítimas da Violencia Viaria.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Transportes, Carlos Nieves, para presentar as II Xornadas Técnicas sobre o Transporte Metropolitano, que se celebrarán en Santiago o 12 e o 13 de xuño.

19.00 h.
Cinemas Dixitais
No CSC de Vite, proxección do documental Historia dunha parroquia, dentro do programa Cinemas Dixitais, organizado pola concellaría de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

19.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios outorgados pola revista Capital. O Consorcio da Cidade de Santiago será premiado na categoría de institucións.

20.00 h.
No CSC da Trisca, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, asiste ao sorteo de adxudicación das hortas de Belvís.

20.30 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas II Xornadas Técnicas sobre Incendios en Cascos Históricos.

21.00 h.
Cultura Vai Circuíto 4x4
No Teatro Principal, concerto de Rosa Cedrón dentro do programa Cultura Vai Circuíto 4x4, organizado pola concellaría de Cultura e a Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural da Consellería de Cultura.

Compartir: