Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 7 de abril

12.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á reunión da asociación de desenvolvemento rural Sar-Ulla (Rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo).

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

16.00 h.
Na Escola Infantil Municipal de Conxo, o ilustrador Marc Taeger impartirá un obradoiro de plástica creativa, actividade que se encadra na VIII Campaña Municipal de Animación á Lectura, organizada pola Concellaría de Educación e Kalandraka Editora.

Compartir: