Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 5 de marzo

10.00 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, concerto didáctico a cargo da compañía B Vocal, organizado pola Concellaría de Educación e Ibercaja.
A función consiste nun espectáculo que percorre os principais estilos artísticos que marcaron as distintas épocas do desenvolvemento da humanidade: a música e a historia, a voz, o humor; primeiras manifestacións musicais; a Idade Media; o Renacemento; o Barroco; o Clasicismo; do Clasicismo ao Romanticismo; século XIX; os estilos musicais máis importantes do século XX; o Jazz; The Beatles; Rock and Roll; o Pop; o Rap. Os alumnos que asistirán a esta sesión (C. A Miragrosa, C. Compañía de María, IES Xelmírez II, IES Pontepedriña, IES Antonio Fraguas, IES de Sar cun total de 450 alumnos/as) poderán gozar da mellor música de todas as épocas, contada e cantada con simpatía e humor.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o VI Duatlón Cidade de Santiago, actividade que se desenvolverá na nosa cidade o vindeiro sábado 8 de marzo. Na rolda tamén estará o presidente do Club Triatlón Bricosa Santiago, Jesús Barcala Fernández.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, para presentar o Consello Municipal de Cultura.

Compartir: