Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 4 de marzo

10.00 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, concerto didáctico a cargo da compañía B Vocal, organizado pola Concellaría de Educación e Ibercaja. Ás 19.00 horas haberá unha sesión para o público en xeral.
A función consiste nun espectáculo que percorre os principais estilos artísticos que marcaron as distintas épocas do desenvolvemento da humanidade: a música e a historia, a voz, o humor; primeiras manifestacións musicais; a Idade Media; o Renacemento; o Barroco; o Clasicismo; do Clasicismo ao Romanticismo; século XIX; os estilos musicais máis importantes do século XX; o Jazz; The Beatles; Rock and Roll; o Pop; o Rap. Os alumnos que asistirán a esta sesión (C. A Miragrosa, C. Compañía de María, IES Xelmírez II, IES Pontepedriña, IES Antonio Fraguas, IES de Sar cun total de 450 alumnos/as) poderán gozar da mellor música de todas as épocas, contada e cantada con simpatía e humor.

11.00 h.
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico co grupo Na Virada .

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Turismo de Santiago,Xosé Manuel Iglesias, acompañado do xerente de Turismo de Santiago, Iñaki Gaztelumendi, e do xornalista gastronómico Miguel Vila, para presentar a 'Guía Gastronómica de Santiago de Compostela'.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da portavoz municipal do BNG, Socorro García Conde, sobre asuntos de carácter local.

18.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de constitución do Consello Municipal de Mocidade.

19.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de constitución do Consello Municipal de Educación.

Compartir: