Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 28 de marzo

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, para presentar o Programa de excursións de primavera dos Centros Socioculturais da cidade e o prazo de apertura de inscricións no mesmo.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, sobre asuntos de carácter local.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa asociación de veciños "A Xuntanza".

19.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da Biblioteca Pública Ánxel Casal (avenida Xoán XXIII).

21.00 h.
No Teatro Principal, Galileo Teatro representa O avaro, de Molière.

Compartir: