Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 27 de marzo

11.30 h.
Na Praza do Obradoiro, presentación da obra O kiosko das almas perdidas, última creación do Centro Coreográfico Galego. A presentación, que contará coa actuación dos músicos Mercedes Peón e Xosé Lois Romero, e con bailarines do CCG, correrá a cargo do concelleiro de Cultura Néstor Rego; do xerente do Igaem, Miguel Martín; e do director en xira, Erick Jiménez.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, para presentar o programa de prevención de drogodependencias a través do entrenamento en competencias sociais con adolescentes posto en marcha pola UMAD.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de acta de sesión anterior.
2. Aprobación inicial do regulamento do Consello de Compostela Cultura.
3. Designación de membros de recoñecido prestixio cultural no Consello Reitor do Organismo Autónomo Auditorio de Galicia.
4. Proposición presentada polo grupo municipal do BNG para a prestación eficaz do servizo de correos.
5. Dar conta de Resolucións da Alcaldía, das Concellerías Delegadas e da Xunta de Goberno Local.
6. Toma en consideración de mocións presentadas polos grupos municipais.
7. Rogos e preguntas.

20.30 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, xunto co presidente da Asociación Galega de Xestores Deportivos (AGAXEDE), Eduardo Blanco, presenta oficialmente o I Congreso Galego de Xestión Deportiva, actividade que se desenvolverá no Palacio de Congresos o vindeiro sábado 29 de marzo. No acto, farase entrega a Fernando Romay do diploma acreditativo como Socio de Honra de AGAXEDE (recollerá no seu nome Miguel Juane).

21.00 h.
No Teatro Principal, Galileo Teatro representa O avaro, de Molière.

Compartir: