Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 10 de marzo

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica e Comercio, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a programación de "Marzo, mes do Comercio".

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, para valorar a xornada electoral.

17.30 h.
Na rúa do Toural, animación na rúa para a dinamización de "Marzo, mes do Comercio".

20.00 a 21.30 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, primeira conferencia do ciclo de conferencias sobre Comunicación e Innovación para o pequeno comercio, organizado pola Concellaría de Promoción Económica e Comercio dentro do programa "Marzo, mes do comercio". O profesor Pedro Pablo Gutiérrez González disertará sobre "A publicidade hoxe. Claves para entendela e... comprala". De balde e aberta ao público.

Compartir: