Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 12 de febreiro

11.00 h.
Ciclo concertos didácticos
No Auditorio de Galicia, concerto didáctico A Historia do Soldade . Xosé Carlos Seráns, director / Teodor Smeu Stermin, director de escena.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación, Guadalupe Rodríguez, para presentar o programa de actuacións musicais e teatrais patrocinado por Ibercaja. Tamén estará o director de Ibercaja en Santiago, Javier Ferro.

12.00 h.
Na Praza de Abastos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación da marca de calidade "PescadeRías, de onde senón?, posta en marcha pola Consellería de Pesca.

12.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Ana Salgado, da Fundación Caixa Galicia, para presentar a programación de Teatro e Danza En Xira 2008.

21.00 h.
No Teatro Principal, Evaristo Calvo e Vítor Mosquera, Mofa e Befa, presentan Cociña para Chapantes, unha recopilación dos seus espectáculos Cociña Económica, Cociña Caníbal e Cociña Kakofónica.

Compartir: