Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 11 de decembro

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Cultura, Elvira Cienfuegos, e de Zé Paredes, director de Teatro Nu para presentar esta nova compañía e o seu primeiro espectáculo: Coa palabra na lingua. Concerto en dúas linguas para dous actores e un músico, que se presenta na Zona "C" de Compostela os días 11 e 12 de decembro. Na rolda estarán tamén Mónica Caamaño e Anxo Graña, intérpretes xunto con Zé Paredes.

12.00 h.
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o acto de entrega dos premios do Concurso do Programa e Cartel de Nadal 2008.

18.30 h.
No CSC José Saramago de Vite, a concelleira de Medio Ambiente, Elvira Cienfuegos, participa no acto de peche do Programa Fogares Verdes, un programa de aforro enerxético do fogar posto en marcha por ADEGA, o INEGA e a concellaría de Medio Ambiente.

19.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Asociación de Veciños do Rural.

20.30 h.
No Salón Nobre, recepción aos participantes no I Congreso Multidisciplicar-Ruptura Familiar.

21.00 h.
Na sala Capitol, concerto de Gogol Bordello, dentro do ciclo IMPORTA SANTIAGO DC.

21.00 h.
No Teatro Principal, A mirada de Pier de Nut Teatro.

Compartir: