Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 24 de xaneiro

10.30 h.
No Hotel Monumento san Francisco, o concelleiro de Promoción Económica e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, asiste á inauguración do Congreso Internacional "As cidades Santas e a peregrinación. Xerusalén-Santiago de Compostela".

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelan, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Xunta Departamental de Montevideo, Gabriel Weiss.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro do grupo municipal popular Ángel Espadas, sobre asuntos de carácter local.

14.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao novo rexistrador do Mercantil, Santiago Blasco.

19.30 h.
No Polígono do Tambre (vía Isaac Peral, 4), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez, inaugura as novas instalación de Alfa Romeo.

21.00 h.
Teatro
No Teatro Principal, Teatro de Ningures representa Misericordia, de Benito Pérez-Galdós.

Compartir: