Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 30 de xullo

11.45 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e o presidente do Padroado do Museo do Pobo Galego, Isaac Díaz Pardo, asinan un convenio de colaboración.

12.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un convenio de colaboración co vicepresidente da Fundación Caixa Galicia, José Luis Méndez, para a realización de proxectos culturais.

12.45 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

13.00 h.
Na Sede da Fundación Caixa Galicia (rúa do Vilar, 19), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste, xunto co director xeral de Caixa Galicia, José Luis Méndez, e co presidente da Fundación Carriegos e de Caja España, Santos Llamas, á presentación do libro Historia pequeña de León, con textos de Victoriano Crémer e ilustracións de Ramón Villa.

16.30 h.
Na Casa da Concha (rúa da Conga, 1), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao Pleno do Consello Social da USC.

Festas do Apóstolo 2007

22.00 h.
ORQUESTRA JOCARS. Paseo Central da Alameda.

23.00 h.
Música Toural. PABLO SEOANE (música tradicional).

Compartir: