Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 8 de maio

10.30 h. e 12.00 h.
No Teatro Principal, a Escola Municipal de Música interpreta "As aventuras de Pedro e o lobo".

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración Extraordinario de Tussa.

11.30 h.
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e a secretaria xeral da Igualdade, Carme Adán, visitan as obras da Escola Infantil de San Roque.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.15 h. da Praza do Obradoiro.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina dous convenios de colaboración coa presidenta de Abagal (Asociación de Bulimia e Anorexia de Galicia), María Flora Cajide, e co presidente de TP-Galicia (Asociación Galega para a Asistencia e Investigación dos Trastornos da Personalidade), Germán Medina Sánchez.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar a exposición "A historia vai por barrios. Enfesta".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Política Lingüística, Manuel Portas, para presentar dúas campañas de promoción do uso do galego: de transmisión interxeracional e de promoción da calidade lingüística na administración local.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á decana da Facultade de Física da USC, María Ángeles López Agüera.

20.00 h.
No Teatro Principal, representación da obra gañadora do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca. Os vencedores desta edición son os alumnos do IES Antón Fraguas.

20.30 h.
Na Zona C, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego asiste á inauguración da exposición Álbum 04/05/06, de Suso Fandiño.

Compartir: