Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 31 de maio

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, acompañado polos responsables das asociacións de comerciantes da cidade, para presentar ao gañador da edición de primavera do Concurso Municipal de Escaparatismo SCQ Shoping 2007.

20.30 h.
No Teatro Principal, concerto de Eliane Elias, dentro do ciclo de Música brasileira.

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao concerto da Real Filharmonía de Galicia, dirixida nesta ocasión por Frans Brüggen.

Compartir: