Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 3 de maio

10.00 h.
No Auditorio de Galicia, ciclo de concertos didácticos, GS21 con Isolma (Danza)

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á nova xefa da Oficina Local de Tráfico, Ana Beltrán.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao director de Inspección Médica da Área Sanitaria de Santiago de Compostela, Manuel Tojo Reboredo,

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asina un convenio de colaboración con Manuel Lago García, presidente da Asociación Cultural e Tempo Libre de Novo Circo e Cabaret Galega.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar "A historia vai por barrios. O Ensanche".

13.45 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Mercagalicia, que terá lugar na sede desta entidade (Polígono do Tambre. Vía La Cierva s/n).

21.00 h.
Danza
No Auditorio de Galicia, GS21 representa Isolma

21.00 h.
Teatro
No Teatro Principal, Ainternacional presenta Perón Perón, de Jorge Rey.

Compartir: