Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 25 de maio

10.00 h.
Na Casa do Concello, recepción do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, aos traballadores do Concello, por mor da celebración de Santa Rita de Casia, patrona da Administración local.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para informar do acordo de colaboración coa Federación Galega de Loita. O presidente da Federación, Luis Olazábal, fará entrega dun recoñecemento ao Departamento de Deportes polo último Campionato de España celebrado na cidade.

13.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos xogadores do club de baloncesto Beirasar Rosalía, con motivo do seu ascenso á Liga LEB.

Compartir: