Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 23 de maio

10.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, dá a benvida aos participantes na reunión da Axencia Espacial Europea.

11.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina un protocolo de colaboración co presidente da Xunta Central da Arquiconfraría do Apóstolo Santiago, Agustín Dosil.

11.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar o ciclo de concertos "Noites de música na terraza", que se celebrarán na terraza do Centro Sociocultural da Trisca.

Compartir: