Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 22 de maio

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do decano da facultade de Farmacia, José Miñones; e de José Mª Álvarez, representante de Caixanova, para presentar o concerto de Milladoiro que se celebra o vindeiro día 24 ás 22.30 na praza da Quintana para conmemorar o 150 aniversario da Facultade de Farmacia. Na rolda estará tamén Ramón Martínez Rei, membro do grupo Milladoiro.

11.30 h.
No Campus Sur (fronte ao Sanatorio Nosa Señora da Esperanza), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración do Recanto da Saudade, acto organizado pola Asociación de Antigos Alumnos e Amigos da USC e a Universidade de Santiago de Compostela.

Compartir: