Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 21 de maio

11.00 h.
Na sede do Consorcio (rúa do Vilar, 59), o alcalde compostelán e presidente do Consorcio, Xosé A. Sánchez Bugallo, e o arcebispo de Santiago, Julián Barrio, asinan un convenio para a rehabilitación integral da Casa do Deán.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao secretario de Estado de Medio Ambiente e Recursos Naturais da República Dominicana, Maximiliano Puig. Tamén asisten o conselleiro de Medio Ambiente, Manuel Vázquez; a directora xeral de Cooperación Exterior, Fabiola Sotelo; e o presidente de Sogama, José Álvarez.

Compartir: