Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 12 de maio

9.00 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, dá o pistoletazo de saída á III Edición da Marcha de 50 quilómetros de Santiago, organizada polo Club Deportivo Fontiñas.

18.30 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do equipo Blusens-Aprilia, que participará no Mundial de Motos GP.

18.30 h.
No Teatro Principal, concerto en familia de "As aventuras de Pedro e o lobo". Tamén se interpretará "Let it be" e "No teu camiñar", da BSO de "Los chicos del coro". Actuarán conxuntamente a Orquestra e Coro da Escola Municipal de Música de Santiago e a Orquestra da Escola Municipal de Música de Vigo.

19.00 h.
No Auditorio de Galicia (Sala Brage), II Certame de Danza, no que participarán máis de 150 nenos e nenas dos centros de ensino de Compostela.

19.30 h.
No Centro Sociocultural das Fontiñas, actuación das corais "Amigos de Compostela" e "A Xuntanza".

21.00 h.
No Multiusos Fontes de Sar, representación da ópera "Aída en Fuego".

Compartir: