Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 9 de abril

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o ciclo de concertos dos grupos musicais usuarios dos locais municipais de ensaio.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Xan Cejudo, director de "Castronós. O Baile", para presentar esta obra, de A Factoría Teatro, que se estrea o martes ás 21.00 h no Teatro Principal.

12.00 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; do xerente do Xacobeo, Ignacio Eguibar, e do Mago Antón para presentar "Compostela Máxica 2007. I Semana Internacional de Ilusionismo" que se celebrará do 15 ao 21 de abril en Santiago.

12.30 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

13.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste aos actos de celebración do Día de Santiago de Compostela en Padrón.

Compartir: