Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o domingo 29 de abril

12.00 h.
No Teatro Principal, concerto da Banda Municipal de Música.

12.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa Xunta Directiva da Asociación de Veciños "Ruta Xacobea" e cos veciños e veciñas da Sabugueira.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 12.10 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
Día Internacional da Danza
Na Praza do Toural, a Escola Ballet Studio de Danza imparte unha clase para todos os nenos e nenas de 5 a 8 anos que queiran participar para conmemorar o Día Internacional da Danza. (En caso de que chova, a actividade trasládase á Aula de Cultura de Caixa Galicia).

21.00 h.
No Auditorio de Galicia, Las Zapatillas Rojas (Ballet). Versión e dirección de María Graciani.

21.00 h.
No Teatro Principal, SCQ Danza. Pisando Ovos con No intre 1800.

Compartir: