Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 28 de abril

9.30 h.
Pleno extraordinario
Na Casa do Concello sesión extraordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
Punto único: Designación de representantes das mesas por mor das vindeiras eleccións locais.

9.45 h.
Na Casa do Concello, Xunta Xeral de accionistas de Incolsa.

11.45 h.
Na Praza do Obradoiro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa nos actos organizados pola Asociación de Trasplantados do Ril de Santiago.

13.00 h.
No paseo central da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, inaugura a XXVI Feira do Libro de Santiago de Compostela.

18.00 h. a 21.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, obradoiro de edición de vídeo e realización e obradoiro de percusión africana; na Praza Roxa, obradoiro de zancos.

21.00 h.
Composjazz
No Auditorio de Galicia, Composjazz Ciclo con Carlos López Cuarteto.

Compartir: