Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 26 de abril

10.45 h.
No IES Xelmírez I, representación da obra Nefelocoquigia, a cargo dos alumnos do mesmo instituto, dentro do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do xerente do Auditorio, Pablo Rodríguez; e de David Loira e Ruth Balbís, da compañía Pisando Ovos, para presentar o programa SCQ danza e o espectáculo da compañía No intre 1800, que se representa o domingo no Teatro Principal.
Na rolda estarán tamén Víctor López Carbajales, do CDG-Salón Teatro, e Xesús Ron, da Sala Nasa, para presentar, xunto coa Concellaría, o programa de descontos de Teatros de Compostela.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e Antonio Fernández Maira, da Federación de Libreiros de Galicia, asinan un convenio de colaboración e presentan o espazo que terá a Concellaría na Feira do Libro que comeza o venres, así como unha promoción especial para a mesma.

12.00 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar a celebración do "VII Trofeo Concello de Santiago de Ciclismo", para categorías base e escolas, e o "V Duatlón Absoluto Cidade de Santiago". Na rolda tamén estará o presidente do Clube Ciclista Compostelán, Nemesio López, e o presidente do Clube Triatlón Bricosa, Jesús Barcala.

12.00 h.
Na Finca Vista Alegre, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, participa na Xornada Solidaria de Leroy Merlín.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Facenda, Carlos Nieves, para dar conta da liquidación do presuposto do ano 2006.

14.00 h.
Na sede da Mancomunidade da Comarca de Santiago (rueiro de Figueiriñas, nº 5- A. Carme de Abaixo), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a reunión da Xunta Directiva da Asociación de Desenvolvemento Rural Sar-Ulla.

17.00 h.
Na rúa Alejandro Novo González, en Conxo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á inauguración da nova sede de Down Compostela.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, da acta da sesión anterior.
2. Irmandamento coa cidade portuguesa de Santiago do Cacém.
3. Dar conta de resolucións da Alcaldía e da Xunta de Goberno Local.
4. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
5. Rogos e preguntas.

19.00 h.
Na Casa do Concello, Xunta Xeral de accionistas de Emuvissa.

19.15 h.
Na Casa do Concello, Xunta Xeral de accionistas de Tussa.

Compartir: