Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 24 de abril

10.45 h.
No IES Xelmírez I, representación da obra Utopías, a cargo da Aula de Teatro do CPI de Touro, dentro do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca.

11.30 h.
Na entrada da Alameda, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta, xunto co presidente do Real Automóvil Club de Cataluña, Sebastiá Salvadó, a campaña do uso do cinto e o do casco. Asitirán os concelleiros de Tráfico, Xosé Baqueiro, e de Educación, Elvira Cienfuegos.

12.00 h.
No IES Rosalía de Castro, representación da obra A sopa boba, a cargo dos alumnos do instituto, dentro do XII Certame de Teatro Intercentros de Compostela e Comarca.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asina un convenio de colaboración coa presidenta da Asociación Cultural Musical Solfa, Lucía Carreira.

18.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Veciños de Villestro.

20.00 h.
No Teatro Principal, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste á presentación do filme "O bosque de Levas".

Compartir: