Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 23 de abril

11.15 h.
A concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, e o primeiro tenente de alcalde, Néstor Rego, visitan as obras da Ludoteca no barrio das Fontiñas.

11.20 h.
Na Delegación do Goberno na Coruña (praza de Ourense, s/n), o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asina o Acordo da Área de Rehabilitación Integral no Polígono de Vista Alegre e da Área de Rehabilitación do Casco Histórico coa ministra de Vivenda, María Antonia Trujillo, e coa conselleira de Vivenda, Téresa Táboas.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.30 h.
Na Fundación Granell, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á ROLDA DE PRENSA de presentación das actividades do Servizo de Didáctica no Museo para este ano. Estarán tamén Natalia Fernández, directora da Fundación Granell; así como algúns artistas e docentes.

12.30 h.
Nas oficinas do Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Deportes, Manuel Portas, e de Infraestruturas, Bernardino Rama, para informar de cuestións relacionadas con infraestruturas deportivas.

14.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

Compartir: