Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 16 de abril

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.00 h.
No local da Asociación Magos Profesionais de Galicia (Amor Ruibal, 27-28, local 7), o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á presentación de dita Asociación. Na presentación estarán tamén o director xeral de Creación e Difusión Cultural, Luis Bará; o xerente do IGAEM, Miguel Martín; e o Mago Antón.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Sanidade, Elvira Cienfuegos, sobre a campaña de control de roedores.

17.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza da Comisión Asesora do Casco Histórico.

COMPOSTELA MÁXICA 2007

MAXIA NA RÚA
18. 00 h.
PRAZA ROXA MALO, EL MALÍSIMO
ARMANDO LUCERO

PRAZA DO TOURAL MAGO NORBERTO
JEAN PHILIPPE

PRAZA DAS PRATERÍAS MIGUELILLO
JUSTO THAUS

MAXIA NO DADO
24.00 h.
PUB DADO-DADÁ DYLAN ACE
MAGO MARTTYN
ROMÁN GARCÍA
Presenta: MAGO ROMARÍS

Compartir: