Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 10 de abril

11.30 h.
Na Fundación Caixa Galicia, ROLDA DE PRENSA do alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, e do director de orquesta Walter Haupt, para presentar a Ópera Monumental Aída en Fuego, que se representará o 12 de maio no Multiusos Fontes do Sar.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, para presentar o programa de actividades de Festactiva 2007.

12.00 h.
No Servizo Municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Manuel Portas, para presentar e asinar os convenios de colaboración para o desenvolvemento das campañas municipais de Fútbol 7, Fútbol Sala e Baloncesto. Na rolda tamén estarán o delegado da Federación Galega de Fútbol, Enrique Fernández; o presidente da Agrupación de Deportistas Veteranos, Manuel Loimil; e a presidenta da Federación Santiaguesa de Baloncesto, Carmen Corbal.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar a programación trimestral da Rede de Centros Socioculturais.

21.00 h
No Teatro Principal, estrea de "Castronós. O Baile", de Factoría Teatro.

Compartir: