Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 8 de marzo

11.15 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA dos concelleiros de Cultura, Néstor Rego, e de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a exposición "Historia do Comercio Compostelán". Na rolda tamén estará a comisaria da exposición, Mercedes Vázquez Bertomeu.

11.30 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o primeiro tenente de alcalde, Néstor Rego, e as concelleira de Muller, Adelaida Negreira, e de Educación e Mocidade, Elvira Cienfuegos, asisten á conmemoración institucional do Día Internacional das Mulleres que organiza a Secretaría Xeral da Igualdade da Xunta de Galicia.

12.00 h.
No CEIP de Roxos-Villestro, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, presenta, xunto co presidente de Sogama, José Álvarez Díaz, o programa "Ti es a peza que falta. O futuro está nas nosas mans", dirixido a fomentar a protección do medio ambiente entre os escolares.
NOTA: haberá un vehículo a disposición dos xornalistas que sairá ás 11.35 h. da Praza do Obradoiro.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, do xerente do Auditorio, Pablo Rodríguez, e de Patricia Maceira, da Fundación Caixa Galicia, para presentar a programación de ComposJazz.

20.30 h.
Actos conmemorativos do Día Internacional da Muller
No Salón Nobre da Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, fará entrega do premio de investigación Xohana Torres, XV edición. Posteriormente, recepción aos colectivos de mulleres da cidade.

21.00 h.
Na Fundación Torrente Ballester, os concelleiros de Cultura, Néstor Rego, e de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, inauguran a exposición Historia do Comercio Compostelán. A mostra, que amosa os fitos do comercio compostelán ata os anos 70, enmárcase dentro das actividades de Marzo, Mes do Comercio e estará aberta ata o vindeiro 9 de abril.

Compartir: