Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 5 de marzo

11.00 h.
Na Consellería de Educación, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa conselleira Laura Sánchez Piñón.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro do grupo de goberno, Francisco Candela, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión da Xunta de Goberno Local.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Sanidade e Consumo, Elvira Cienfuegos, para presentar os actos organizados con motivo do Día Internacional das Persoas Consumidoras e Usuarias, que se celebra o vindeiro 15 de marzo.

13.15 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe ao presidente da Asociación Galega de Psiquiatría, Mario Páramo.

Compartir: