Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 29 de marzo

12.00 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes no programa PAGUS-AL. Asistirán representantes das cidades de Santa Fe (Arxentina), Valparaíso (Chile), Colonia (Uruguay), Juiz de Fora (Brasil) e Narni (Italia).

14.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

18.30 h.
Pleno ordinario
Na Casa do Concello, sesión ordinaria do Pleno da Corporación coa seguinte orde do día:
1. Aprobación, se procede, de actas de sesións anteriores.
2. Execución das sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia sobre a modificación do Plan Xeral de Ordenación Urbana en Sar - Ponte Pedriña.
3. Aprobación dos planos modificados do PE-1 (Cidade Histórica) en execución da sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia de data 7 de novembro de 2002.
4. Acordo sobre a solicitude da Fundación Granell relativa aos fondos constituídos.
5. Aprobación inicial do regulamento de funcionamento e xestión da Casa das Asociacións.
6. Dar conta de resolucións da Alcaldía relativas ás dedicacións exclusivas a membros da Corporación.
7. Dar conta de resolucións da Alcaldía e da Xunta de Goberno Local.
8. Toma en consideración das mocións presentadas polos grupos municipais.
9. Rogos e preguntas.

20.30 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, concerto de Xoán Curiel, dentro do I Ciclo Revelando Voces.

21.00 h.
No Teatro Principal, estrea da obra teatral Romeo e Xulieta, de Teatro do Noroeste. Dirixida por Eduardo Alonso.

Compartir: