Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o venres 23 de marzo

9.30 h.
No Centro Sociocultural de Vista Alegre, celebración das xornadas "Barrios en reconstrución. Novas ideas para a rehabilitación integral dos barrios de Compostela" (Adxúntase programa).

10.00 h.
No Colexio San Xurxo, Concerto Didáctico de Música Tradicional, dentro do programa de achegamento da música tradicional e de formación musical dos escolares de educación primaria e secundaria, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago.

11.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Centros Socioculturais, Guadalupe Rodríguez, para presentar os actos conmemorativos do Banquete de Conxo.

11.30 h.
Na Casa do Concello, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, asina varios convenios de colaboración con cinco entidades para a prestación de servizos de atención temperá nas escolas infantís da cidade.

12.00 h.
No CEIP Raíña Fabiola, Concerto Didáctico de Música Tradicional, dentro do programa de achegamento da música tradicional e de formación musical dos escolares de educación primaria e secundaria, organizado polo departamento de Educación do Concello de Santiago.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Parques e Xardíns e Servizos Básicos, Bernardino Rama, para presentar os actos de celebración do Día da Árbore e do Día da Auga.

12.30 h.
No Pavillón do Restollal, o alcalde en funcións, Néstor Rego, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Xosé Manuel Iglesias, clausuran a I Xornada de Integración a través do Deporte, do proxecto Persoa III.

20.00 h.
No Local Sociocultural de Meixonfrío, actuación do grupo de canto Aleceia e da coral Porta do Camiño.

20.15 h.
Na Casa do Concello, recepción aos participantes nas Xornadas Nacionais de Xustiza de Paz.

Viaxe a Uruguay
12.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co chanceler da República, Bernardo Reynaldo Gargano.
16.30 h.
En Montevideo, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, visita o Fogar Español.
18.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese coa presidenta do Padroado Galego da Cultura, Ana María Lorenzo.

Compartir: