Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o martes 20 de marzo

12.00 h.
No salón de actos da Aula Sociocultural de Caixa Galicia (rúa Carreira do Conde, 18), representación para escolares da obra "Pisa la raya", que pon o punto e final ao programa de prevención escolar en drogodependencias da UMAD "Non pasa nada, ¿pasa algo?". Asiste a concelleira de Benestar Social e UMAD, Adelaida Negreira.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para facer valoración do "Outlet Compostela".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do portavoz do grupo municipal do BNG, Néstor Rego, para presentar a moción de apoio ao Plan industrial para o estaleiro de Fene que o grupo do BNG levará ao próximo pleno.

20.00 h.
Na Facultade de Económicas e Empresariais da USC, conferencia da responsable da área de Promoción Económica, Carme Casado, baixo o título "Preparación para el empleo en los campos de economía y empresa. Cómo emprender: el proyecto del Ayuntamiento de Santiago de Compostela".

Viaxe a Arxentina
12.30 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co alcalde de Vicente López, Enrique García, onde vai ser declarado visitante ilustre.
17.00 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, manterá un encontro co reitor da Universidad de Buenos Aires, Rubén E. Hallú.

Compartir: