Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o xoves 15 de marzo

9.00 h.
No Centro Sociocultural do Ensanche, celebración do Seminario de Fondos Europeos 2007-2013, organizado polo Eixo Atlántico.

10.15 h.
No Pazo de Congresos, o concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, e o secretario xeral da Consellería de Traballo, Xosé Vázquez Portomeñe, inauguran as "II Xornadas Técnicas sobre os Programas Experimentais de Inserción Laboral", organizadas pola Concellaría de Promoción Económica e Emprego.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Casco Histórico e Rehabilitación, Mercedes Rosón, para presentar as "Xornadas sobre barrios en reconstrución de Compostela".

20.00 h.
No Teatro Principal, proxección do documental "A derradeira lección do mestre", de Xoán Carlos Garrido. Intervirán, ademais do autor do proxecto, Néstor Rego, concelleiro de Cultura, e Anxo Louzao, secretario nacional de CIG-Ensino. Entrada libre.

Compartir: