Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 14 de marzo

11.00 h.
Na sede da Fundación Granell, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside a xuntanza do Padroado da Fundación Granell.

12.00 h.
No Paraninfo da Universidade, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, asiste ao acto académico de honra do persoal da USC represaliado de 1936 a 1940.

12.00 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Relacións Veciñais, Manuel Portas, para presentar a convocatoria de viaxes "Coñecendo o País".

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Xosé Manuel Iglesias, para presentar tres novas empresas creadas no marco do programa "Equal Compostela Social".

18.00 h.
No Hostal dos Reis Católicos, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, ofrece o "Premio Reina Sofía 2006 de Accesibilidade Universal de Municipios" ás asociacións da cidade que traballan en prol da eliminación de barreiras.

20.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, charla-coloquio sobre Seguridade Alimentaria. Intervirán a presidenta da Federación de Euroconsumo Galicia, Aurora Lamas, e a doutora en Bioloxía, Patricia Reboredo.

Compartir: