Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o sábado 8 de decembro

Encendido do alumeado de Nadal

18.45 h.
O alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe aos representantes dos comerciantes.
19.00 h.
Na praza do Obradoiro, o alcalde inaugura o alumeado de Nadal co encendido do Belén e do abeto xigante, así como da fachada do Pazo de Raxoi.
19.15 h.
Na praza do Toural, encendido do teito de led e actuación do Grupo de Metais de Santa Cecilia. A continuación, na Porta Faxeira, encenderase a iluminación da praza de Galicia, Senra, Alameda e Juan Carlos I e, acto seguido, no cruce de Alfredo Brañas e República del Salvador, a iluminación do Ensanche.

21.00 h.
No Teatro Principal, CLOSER, de Patrick Marber (versión de Coté Soler e Mariano Barroso). Director: Mariano Barroso. Con Belén Rueda, José L. García Pérez, Sergio Mur e Lidia Navarro.

Compartir: