Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o luns 3 de decembro

12.00 h.
En Madrid, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, reúnese co subdirector xeral de Patrimonio do Ministerio de Defensa, José Manuel Gordillo Álvarez-Valdés.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o voceiro da Xunta de Goberno Local, Néstor Rego, exporá en ROLDA DE PRENSA o resumo dos acordos adoptados na última sesión.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Promoción Económica, Comercio, Emprego e Turismo, Xosé Manuel Iglesias, para presentar a campaña "Compostela, capital de compras".Tamén estará o xerente de Turgalicia, Xesús Pereira.

12.30 h.
No CGAC, o concelleiro de Cultura e Centros Socioculturais, Néstor Rego, asiste á presentación de "Tótem", o último disco de Fran Pérez-Narf.

18.00 h.
No Centro Sociocultural e Xuvenil do Ensanche, ROLDA DE PRENSA da concelleira de Benestar Social e Muller, Mar Martín, acompañada de representantes das entidades Fonte da Virxe, Aspas, Agadea, Asociación de Lupus, Acem e Sarela, con motivo da celebración o día 3 de decembro do Día Internacional das Persoas con Discapacidade.

Compartir: