Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 26 de decembro

10.00 h.
Na Casa do Concello, sesión ordinaria da Xunta de Goberno Local. Enviarase resumo dos acordos adoptados.

12.00 h.
A concelleira de Medio Ambiente e Desenvolvemento Sostíbel, Elvira Cienfuegos, e o presidente de Augas de Galicia, Jorge Antonio Santiso Blanco, visitan o río Sarela, onde se acometeron obras de limpeza e desbroce.
Punto de encontro: Muíño de Lermo
NOTA: Haberá un vehículo a disposición dos medios de comunicación que sairá ás 11.45 h da Praza do Obradoiro.

12.00 h.
No servizo municipal de Deportes en San Lázaro, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Deportes, Andrés Fariña, para presentar o Campionato Galego Absoluto de Natación, actividade organizada polo Club Natación Santiago, que se desenvolverá na piscina de Santa Isabel os días 28, 29 e 30 de decembro. Tamén estarán o presidente da Federación Galega de Natación, Carlos Touriño, e o presidente do Club Natación Santiago, Jesús Pérez.

13.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Tussa.

18.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, preside o Consello de Administración de Emuvissa.

Compartir: