Aquí pode consultar diariamente as previsións informativas da Corporación Municipal (comparecencias, roldas de prensa...)

Previsións informativas para o mércores 31 de xaneiro

11.00 h.
No CEIP Pío XII, a concelleira de Benestar Social e Muller, Adelaida Negreira presentará a Campaña de Concienciación e Sensibilización sobre os Valores da Igualdade de Xénero.
Como actividade de implementación da campaña, que busca concienciar aos pequenos sobre a igualdade entre homes e mulleres, a concelleira repartirá entre o alumnado de Primeiro de Educación Primaria, un xogo de 2 tazas con imaxes relacionadas co reparto das tarefas domésticas entre os pais e as nais. As tazas levarán inscrita a mensaxe "Miña nai frega, meu pai….tamén", e serán entregadas nos 29 centros de ensino da cidade.

11.30 h
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e de Salvador del Río e Pepa Barreiro, actores de O tartufo de Moliére, de Teatro de Ningures, para presentar a obra, que se poderá ver xoves e venres ás 21.00 h. no Teatro Principal.

12.00 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe a unha delegación de Santiago de Querétaro (cidade mexicana irmandada con Santiago de Compostela) formada polo secretario de Desarrollo Sustentable, Ricardo Alegre Bojórquez, e o director económico de Desarrollo Sustentable, Martín Romo Villegas.

12.10 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego; do secretario nacional de CIG-Ensino, Anxo Louzao; e do presidente da AS-PG, Xoán Costas, para presentar o II Premio Manuel María á Dignidade Nacional.

12.30 h.
Na Casa do Concello, ROLDA DE PRENSA do concelleiro de Cultura, Néstor Rego, e dos pintores Nolo Suárez, Xurxo Martiño e Luis Iglesias Diz, para presentar a exposición "Memoria. Pinturas", que se inaugura o xoves ás 20.30 h no Museo do Pobo Galego.

13.00 h
No Instituto Rosalía de Castro, o concelleiro de Cultura, Néstor Rego, asiste á inauguración da exposición de pintura de Pedro Ávila Durán.

20.30 h.
Na Casa do Concello, o alcalde compostelán, Xosé A. Sánchez Bugallo, recibe á Asociación de Veciños de Laraño.

Compartir: